


Tamén podemos encher de boliñas de cores o Centro Cívico e Social de Mesoiro que vos ten moita presencia visual....mirade se non qué ben que se pasean os nosos amiguiños da Asociación Veciñal de Novomesoiro!!!!!!!
Tamén podemos encher de boliñas de cores o Centro Cívico e Social de Mesoiro que vos ten moita presencia visual....mirade se non qué ben que se pasean os nosos amiguiños da Asociación Veciñal de Novomesoiro!!!!!!!
Desde o Blog de Katanga queremos sumarnos ás veciñas e veciños de Novo Mesoiro nas súas máis que imprescindibles demandas de máis superficie de parques para os nenés e máis prazas en guarderías e escolas infantís!!!!!
Efectivamente, hoxe organizaron unha concentración de que vos deixo foto para reclamar esas melloras que teñen un gran valor social, que son todo o relativo a facilitar espazos educativos e de convivencia e xogo para os nenos e nenas de todos os barrios da Coruña!!!!!!!!!! Un bravo e un enlace para a xentiña de Novo Mesoiro:
Noticia futurista do Blog de Novo Mesoiro!!!!!
Na nosa queridísima Katanga, o parque infantil do que "disfrutamos" ten estes días algún problemilla tanto de fugas como de fauna ibérica, como puidestes xa ver AQUÍ!!!!!!!!!
Se non vos chegou con aquela durísima reportaxe con "rasurado de Pilocha" incluído, aquí vos deixo unha pequena galería fotográfica sobre o asunto infanto-xuvenil no noso barrio:
Isto foi o que se atoparon uns papás katangueiros un día que andaban a xogar cos seus nenés ás excavacións arqueolóxicas!!!!!
"Nós non temos nin idea de quen puido poñer iso no parque infantil nin tampouco de quen son esas cocorotas.....¿verdade, Bart????"
"Se é que xa hai tempo que para xogar un pouquiño cos amiguiños hai que ir coa.....merenda.....de casa!!!!", comenta este rapaz katangueiro que tapa o seu feo rostro por temor a represalias.........
......e á Katangueira......que me anda así de virulenta desde que un mocoso lle intentou chulear os escasos euritos que levaba ao economato!!!!!!!
Alaaaaaa......aburete, yogurete!!!!!!
....que vos dean....
"Celebradas eleccións para elixir nova Xunta Directiva da Asociación Veciñal Agra do Orzán o pasado 26 de marzo e presentadas DÚAS candidaturas: unha a guai nosa e outra a dos disidentes, gañamos nós".
Reproducimos o comunicado urxente que nos fixo chegar o politburó da Asociación Veciñal Agra do Orzán, que tivo tempo de renovar os seus órganos de decisión e incisión política entre batalliñas contra o Escudo Estelar e caceroladas varias.
Eleccións na Asociación Veciñal da Agra!!!!!!
Loita a morte contra o Escudo Estelar!!!!!!
Cacerolada contra Mar Barcón para diversión do PP!!!!!!!
Así quedou esta veciña en vista do resultado eectoral na Asociación Veciñal Agra do Orzán!!!!!!!!!
E nós......en babia....como debe ser!!!!! Abur, yogur!!!!!
Xa sei que non se ve un pijo....pero algo se adivina, non????????
Que non vos credes que é o noso blog katangueiro??????? Mirade entón neste outro vídeo fallido onde, por un momentiño, veredes que SI que é o noso blog!!!!!!
Ala.....abur, yogur!!!!!!!!
Vivaaaaaaa....vivaaaaa.....xa temos pisci en Katangaaaaa!!!!
........e uns bos exemplares de roedores de gran tamaño e voracidade. Esta é a súa casiña!!!!!!!
Ala......cheghou!!!!!
Supoño que xa lestes estes días a noticia de que na Coruña pechan 11 comercios ao día........e o noso barrio leva a peor parte de toda a cidade........así que......xa sabedes.......ide, ide e ide ao Dolce Vita, que xa iredes tamén cando teñades que comprar unha barra de pan ou un boli.......que no barrio non vai quedar quen venda nada!!!!!!! Mirade se non a noticia enpublicada no Irreal Galaico:
"La crisis provoca en A Coruña el cierre de once comercios al día
La crisis económica se está ensañando con especial dureza con las pequeñas y medianas empresas y los comercios. En lo que va de año se han cerrado en la provincia de A Coruña más de mil establecimientos, lo que supone más de once al día, mientras que en Galicia, las pymes que se han disuelto se acerca a las tres mil. Por barrios, la zona más castigada de la ciudad es el Agra del Orzán.
RÁNKING El Agra del Orzán es el barrio coruñés más castigado por los problemas económicos
DESTRUCCIÓN En el primer trimestre de este año se han disuelto casi tres mil empresas en Galicia"
"Hombre....cómo no van a cerrar comercios en el Agra del Orzán......si todo aquello está lleno de yonkarras, ex-putas y gentes del rural y del mal vivir que hablan gallego!!!!!", comentou o flamante concelleiro do PP, señor Carlitos Negrera. "Si aún aconteciese que cerraban el Sporting Casino, la Hípica o la tienda de las hermanas Papuchita, Pitita y Emilita González-Girón Puentes-Armada viúda de Don Arturito Fernandez-Aragón, el que fuera asistente de cámara del Generalísimo en el Ifni y a la sazón sobrino-nieto de Don Eustaquio Cifuentes-Quiroga de Palacio-Llano.......pues en ese dramático caso sí que estaríamos mucho más preocupados!!!!!", rematou por dicir o novo Deputado autonómico pola provincia da Coruña.
En todo caso.....está tan pero tan tan mal a cousa por aquí que éste é o regalo infantil máis vendido no barrio....todo sexa pola penitencia!!!!!!
Total.....que en Katanga andamos como sempre.....adiantándonos ás desghracias e ás miserias!!!!! Por todo isto, deixámosvos este bonito (pero triste) tema dos nosos depresivos veciños The Smiths......que xa hai tempo que non os vemos polos mosteiros!!
The Smiths din que a barbarie comeza na casa.......non é certo, a barbarie comeza en Katanga!!!!
Barbarism begins at Katanga