by Katangueiro
Si señor, chapó para Pacotrón!!!!! Este coñecido -e recoñecido- veciño katanguista realizou para nós e vós un vídeo auténtico e desolador que supón, non mo ides crer, un percorrido recortado e directo, unha mirada impresionista que, partindo dunha finxida frialdade, chega directamente ao centro emisor das emocións. Sen tapuxos nin efectos 3D. Unha muda reflexión sobre a realidade máis actual das nosas rúas. Un paseo por únicamente cinco delas: Agra de Bragua, Antonio Pedreira Ríos, Mosteiro de Moraime, Mosteiro de Bergondo (parte) e Alcalde Liaño Flores (parte). E todo isto aderezado coa música que, a verdade, a min me deu a gana de poñer, que para iso mando. Xa volo dixemos o pasado verán: son un pobre katangueiro....por máis que loite contra iso.
De pobres, nada. En todo caso, orgullosos e combativos. Realidade triste e abrumadora.
ResponderEliminarTes alma de artista katangueiro. A música está ben escollida, aínda que non son capaz de escoitar a letra. A min a mirada paréceme expresionista. Fixeime que os bugas que saen no video non se corresponden coa ferruxe dos locais. Pero non reflexionei sobre a aparente contradicción. Noraboa katangueiro. Lo bueno si breve dos veces bueno. YW
ResponderEliminarDéixoche aquí a letra, aínda que para o caso é o de menos. A selección do Katangueiro creo que é máis artística que social...e os bugas guais igual son dos do Ventorrillo!!!!!! Por certísimo, tiven dúbidas tamén sobre iso da mirada impresionista. Coincido contigo en que é máis ben expresionista, pero qué esperar dun katangueiro semi-iletrado (non te mosquees, neno)!!!! Vivir para ver.
ResponderEliminarSoy un pobre granaíno
soy un pobre granaíno
que vive en la serranía
y de noche bajo a verte
porque no puedo de día
que si de mi dependiese
nunca te abandonaría
sabes que por quererte
sabes que por quererte
me estoy jugando la vida
y en lugar de darte pena
creo que te da alegria
nadie va a quererte nunca
como yo a tí te quería
en lugar de darte pena
creo que te da alegria
nadie va a quererte nunca
como yo a tí te quería
una rosa en un rosal
una rosa en un rosal
gasta mucha fantasía
viene el viento y la deshoja
ya esta la rosa perdida
una rosa en un rosal
gasta mucha fantasía
mira el viento
y la deshoja
ya esta la rosa perdida
una rosa en un rosal
gasta mucha fantasía
Moi boa apreciación esa dos carros.....é certo que algún é moi aparente, pero Hyundai non é Lexus, e aquí haiche moito "aparente". Graciñas polas vosas achegas.
ResponderEliminar