De todo o mundo é sabido que a victoria provén de familia numerosa, mentras que a derrota é monomarental...ou monoparental, como parece ser este caso.
O certo é que a aposta pola celebración dos Xogos Olímpicos do ano 2016 no rompeolas de todas as Katangas, chamado Madrizzzz, reuniu a un sen número de espécies rapaces de toda índole en Copenhague...non fora ser que caese o chope...pero á hora da verdade absoluta, á hora do fracaso da candidatura, o marrón ten xa un só nome...mesmo na prensa provinciana galaica: Alberto Ruiz Gallardón.
É que Don Alberto debía ter medido a verdadeira dimensión do seu soño...non fora convertirse, como así é, nun pesadelo. Madrizzzz gastou 27 millóns de euracos en promocionar Madrid 2016 "pa ná"!!!!!! E iso que non se comenta, que se comentará, cánto fora a boleta de Madrid 2012!!!!!
No me jodas, Katanguerito, que eso es agua pasada....con gas!!!!!!
A nosa posición ao respecto deste "sinvivir" chulapo desde que Barcelona organizara os Xogos do 92 quedou meridianamente clarita AQUÍ MESMO, pero de maldade nadita nadita....é cuestión de sentidiño cumún, o menos común dos sentidiños. Vexamos......
O partido que goberna Madrid é o mesmo que nos goberna agora aquí, en Katanga. É ese mesmo partido que suprime o oitenta por cento (ou máis) das axudas para libros de texto.....É o mesmo que suprime a atención sanitaria de tarde, coa cantidade de votantes seus que a empregaban!!!!!!.....É o mesmo que suprime os Canguros Xunteiros que se ían poñer en marcha este ano nas principais cidades galegas, coa cantidade de fill@s que ten parte significativa, e significada, dos seus votantes.....aínda que supoño que ese "temilla" xa llo resolve a peruana ou coreana que lles curra en B.....É o mesmo que retarda a construción de dúas Escolas Infantís na Coruña, perto de Katanga.....É o mesmo que vai cobrar os comedores escolares por adiantado e sen opción a devolución, que nin Hacienda se atreve a tanto!!!!!!.....É o mesmo partido que aquí presume de austeridade (da nosa austeridade, claro) mentras deixa Madrid con 7.000 millóns de débeda pública........
Madrid, Madrid Madrid......unha cidade que dá unha imaxe nos medios e outra ás sete e media da mañá, cando comprobas a cantidade de currelantes e currelantas que alí habitan. Nada que ver co chulaperío imperante e a gomina cargante divulgados desde INTERECONOMÍA.....
"Oiga, que somos un medio de información de corte liberal....madrileño!!!!", comentounos o "torito" de Intereconomía.
Nada que ver ese Madrid que curra cos soños do madridismo de ser SEMPRE o mellor equipo do mundo.....que non lles vale ser menos, como a todos os demais....que se non son os máis mellores sufren moito.....Que non soportan que os demais sexamos felices nin tan siquera un ratiño.....Veña gomina, veña "estrellitas", veña tirar de chequeira e.....
En resumo, queriditos katangueiros e katangueiras, que a culpa de todo é de Gallardón, que nos empufa a todos. Do contubernio internacional, que dispón un sistema de votación que é válido mentras Madrid avanzaba posicións, pero que é inxusto cando gañan outros. De Zapatero....bueno, diso algo si que hai...que malvende España. Dos árbitros e a Real Federación, que non lle dan ao Madrid todas as Ligas e Copas por defecto. E dos inmigrantes, por que pola súa culpa culpita Madrid xa non ten a clase que tiña.
Abur, yogur!!!!!
Pues yo creo que Doña Espe es un poquito más recatada que lo que ponéis aquí, ¿no?
ResponderEliminarA que conclusións chegarán? A ningunha proveitosa, seguro.Seguirán sumidos nese narcisismo infantiloide que caracteriza ós que no saben perder. O señorío do que tanto presumen non consiste en ser os primeiros en todo a calquera prezo. Madrid está feito a base de xente chegada das periferias,sobre todo currantes empobrecidos que chegan á Villa-y-Corte na procura do Eldorado.Madrid non foi nunca un sainete de Arniches,igual que Andalucía non é unha comedia dos irmáns Álvarez Quintero.Sen embargo por aí andan unha serie de personaxes,coma @s retratados,que son o peor exemplo dese estúpido sentido da grandeur que cren que teñen.E non fondo,son unha panda de pailáns;capitalinos,pero pailáns.Os meus favoritos: Florentino I O Galáctico,con ese aire de novo rico en busca de aceptación social e Dona Espe Aguirre ou a cólera de Dior, a pobre nena rica, a marquesa liberal e desclasada,que se chora porque o seu soldo de presidenta non lle dá para chegar a fin de mes e que é a sex-symbol de Jiménez Losantos (a culpa é de Pablo Carbonell,por tanto puteo).A mención a Intereconomía vaime dar pesadelos.Como é posible xuntar tanto facha?
ResponderEliminarMentres tanto, a seguir con estériles desputas cainitas,tan propias da capital coma do resto do Estado.O que se podería facer con esa pasta gansa,mi madriña...