Nada máis lonxe do paralelismo entre a vangarda Popular arriba exposta e a Orde dos Illuminati, acusados estes de ilustración e anticlericalismo na Europa do século XVIII, século de infausta lembranza para as "persoas de ben e orde" por canto o uso da razón deu lugar á construción dun modelo social máis xusto, solidario, fraternal e igualitario. Segundo o enlace que vos recomendamos, esta sociedade secreta tiña como meta "facer superfluo o dominio duns humanos sobre os outros mediante a ilustración e o prefeccionamento moral". Aí é nada a comparación!!!! Outra cousa ben distinta é que Don Mariano insista en presentarse -e presentar ao seu bizarro equipo Popular- como o único capaz de salvar España e sacarnos da crise "en dous anos" (polos deuses de Kobol, aínda en dous anos!!!). Capaz mesmo de amañar a economía...Difícil de crer, sobre todo isto último, por canto sería de admirar como milagriño de Santo dos Pobres, ou de Virxe das Angustias ou de Señora das Agonías que quen defende a desregulación da economía, quen defende a plena liberdade dos mercados, sexa precisamente quen veña poñela en cintura. Agora saíunos comunista, este Don Mariano!!!!
Fóra bromas, vivimos momentos históricos superlativamente penosos -e xa temos analizado por aquí e por alí quen son os auténticos responsables da desfeita- cun goberno que se di socialista en mans dos intereses dos mercados, e non falo dos de froitas e verduras!!!!
Pero fóra bromitas tamén se a alternativa á xente que actualmente goberna este paupérrimo Estado de Estar -antes Estado de Benestar-son as rapazas e rapaces (aves) do Partido Popular. Hoxe, un dos seus diarios máis afectos publica unha reseña das principais medidas que Rajoy tomará en canto sexa escollido Presidente de Ex-paña. Para botarse a tremer...ou para botarse ao monte. Podesde lelo por vós mesmos/as neste enlaciño ponderoso, pero se andades mal de tempo, ou mal do estómago, seguídenos lendo, que algo iremos contando....
1. Hai que eliminar empresas e entes públicos, e tamén asesores e tal e pascual....Home, pois que comecen polas Deputacións -sinaladamente a de Ourense- e por aplicarse o conto cos familiares e amigotes copan as prazas públicas de Galicia!!!! Aínda nos lembramos daquilo dos "fillos dos ilustrados" que dixera Don Manuel para referirse aos fillos e fillas dos SEUS cargos públicos.
2. Ley de déficit cero para as administracións.....Ai, Mariano, se se tivese aplicado iso aos teus coleguis banqueiros, construtores e demais vividorcillos e vividorotes non estaríamos onde estamos, vedade???....Pero non estás ao tonto do que pasa en Tui??? E dos recortes de Don Alberto???
3.Os escandalosos gastos das Autonomías, como as "embaixadas" e as teles. Pero se, precisamente, foi a Galicia de Don Manuel, aplaudida por Don Mariano, a SEGUNDA autonomía do Estado en contar con embaixada propia...en Madrid...por un pequeno custe de mil millóns de pesetucas das de antes!!! Sobre as teles, non sexa bárbaro. Acaso descoñece a súa función pública que fai que, no caso da nosa queridísima Región, miles e miles de persoas de formación humilde, boa parte delas evidente electorado Popular, atopan na televisión pública de Galicia o único espello onde mirarse (mal que nos pese a outros)???? Para privadas xa temos o canal Gran Hermano....(ai, se polo menos tivesen lido o libro).
4. Rebaixar impostos a sociedades e a compradores de vivenda. Ole, ole e ole.....Será que son estas as persoas que se agolpan a diario fronte as oficinas do INEM.....Hai que ser BEN MISERABLE. Lembre, Don Mariano, que a menos impostos, menos cobertura pública, máis lei da selva. Entón, se imos xogar á lei da selva, eu tamén teño moito que dicir....
5. Prolongar a vida das nucleares e revisar as subvencións ás enerxías renovables. SEN PALABRAS, QUE ME PERDO.
6. Por último. Polo que se ve, o único contrato que lles ofrece Don Mariano aos inmigrantes é o de integración...cultural....ou así. Aceptar a Constitución, aprender o idioma -o español, o patrio, o Único- e respectar os nosos costumes....como a de torturar e asesinar touros en espectáculos públicos de pago para satisfacción e lucro duns poucos...dos seus coleguis. Verdade, eh, eh???
DON MARIANO, ASPIRANTE: Mire uxté, xeñor katanguixta o como le llamen xux amigox...Xi tuviera uxté que ganar unax eleccionex con la tropa que llevo yo detráx, ya veríamox xi max que hablar de "illuminati" no hablaríamox max bien de "caxtrati", que ex lo que yo a alguno le haría...aunque la tenga axí!!!!

EPÍLOGO: OS APRENDICES DE ILLUMINATI
Comunicado e comunicando:
"Plataforma Membrillo Descojonamiento Penachorra NO querer asociaciones centro cívico Silva. NI asociaciones droga NI asociaciones NO droga. NO gustar tampoco NO invitar vecinos Membrillo, pero si acoger asociaciones NO barrio Membrillo. Exigir, por tanto, Ayuntamiento si asociación Plataforma Membrillo en centro Silva pero NO asociación vecinos Membrillo en centro Silva".
COMUNICADO URXENTE DE TELEKATANGA: Lamentamos...cuac...toda la...cuac...sarta de estupideces que...cuac...acaban de leer en este...cuac...informativo katanguista. Cualquier...cuac...parecido con la...cuac...realidad es mera...cuac...coincidencia....cuac...o eso espero......
Aburete, tribulete....