Torre de Hércules, Patrimonio de Katanga!!!!!!


Non podemos estar máis contentos en Katanga coa distinción da nosa Torre entre os monumentos Patrimonio da Humanidade, patrimonio de Katanga.

Un dos lugares da Coruña desde mellor se ve a súa grandiosidade é Pena Moa. Non vos recomendamos subir a vela alí.....por agora. Pero cando, en pouco tempo, os visitantes da nosa cidade, ou os propios que retornen a ela, que cheguen pola Terceira Ronda, tamén coñecida como Río Bravo, verán a Torre alzándose cara ao ceo katangueiro....proa mariña da Coruña toda!!!!!!

Mirade senon cómo quedou este katangueiro en canto soubo do nomeamento da Torre como patrimonio del, que tamén é humanidade....aínda que coste aprecialo!!!!!

"É que prometín subila cen veces nun día se se conseguía o choio!!!!"



"Tamén vos digo que se non chegan a darlle esa distinción.....aquí se ía liar unha que nin nunha redada en Pena Moa tal se viu!!!!!!!!"

Noraboa a Katanga toda!!!!!! Vós tamén tivestes moito que ver!!!!!!

Aí vos queda esta foto para o recordo sacada desde os montes que protexen Katanga!!!!!!!

Mentiroso Mentiroso!!!!!!!!!



Xa estamos de volta, despois duns problemillas informáticos coa peña de Microsoft......que éstes si que vos son uns delincuentes perigosos.......igual que a xente do Ensanche e as súas Apatrullas Ciudadanas!!!!! que digo eu, e digo ben, que imos preparar en Katanga unha Apatrulla para ir a polos das Apatrullas Ciudadanas.........a ver se saímos todos no Telediario.

Os veciños do Ventorrillo tampouco axudan en moito a mellorar a concordia e a convivencia cidadá, xa que se ben é certo que sigue habendo trapi no barrio....xa hai tempo que non vivimos aqueles episodios de atracos constantes a comercios e persoas.....que xa estamos algo mellor, e que esta cidade non é tan chunga como a de Madrid, por exemplo, ou non digamos Logroño, con xitanos realoxados na mesma cidade vella da cidade. Imaxinade isto aquí!!!!!!! pero, claro, o PP goberna esas dúas cidades e.........

Total, que aí vai un vídeo adicado aos chiculinos de Feijoo e Carlitos Negreira!!!!




Abur, yogur!!!!