
Non podemos estar máis contentos en Katanga coa distinción da nosa Torre entre os monumentos Patrimonio da Humanidade, patrimonio de Katanga.
Un dos lugares da Coruña desde mellor se ve a súa grandiosidade é Pena Moa. Non vos recomendamos subir a vela alí.....por agora. Pero cando, en pouco tempo, os visitantes da nosa cidade, ou os propios que retornen a ela, que cheguen pola Terceira Ronda, tamén coñecida como Río Bravo, verán a Torre alzándose cara ao ceo katangueiro....proa mariña da Coruña toda!!!!!!
Mirade senon cómo quedou este katangueiro en canto soubo do nomeamento da Torre como patrimonio del, que tamén é humanidade....aínda que coste aprecialo!!!!!


"Tamén vos digo que se non chegan a darlle esa distinción.....aquí se ía liar unha que nin nunha redada en Pena Moa tal se viu!!!!!!!!"
Noraboa a Katanga toda!!!!!! Vós tamén tivestes moito que ver!!!!!!
Aí vos queda esta foto para o recordo sacada desde os montes que protexen Katanga!!!!!!!
