Os timadores

by Katangueiro
Moitos son os timadores, e moitos son os timos, que pululan ao noso redor con desatino e, mesmo, certa chulería implícita. E que conste que non falamos nin de Toni Leblanc nin de Antonio Ozores nin de Conchita Velasco....eses eran tramposos. Vexamos pois.

Timadores telefónicos: xa sabedes. Beneficios récord, reparto de pastelitos entre directivos e veña despidos....Ata o Dire Xeral de Cocacola chamoulles a atención...pero iso é outro timo.....

Timadores escandinavos: corre que voa por toda escandinavia a idea de que os países do sur -ou sexa, nós- chuchamos dos tetos do norte para pagarnos festuquis e saraos....Algo diso pode haber, non digo que non -véxase a cidade morta da culturilla-, pero o que esquwecen é que esas axudas que nos dan e que agora tanto lles doen serviron para liquidar literalmente unha serie de sectores produtivos de aquí para que non sufrisen os sectores produtivos dos nenés ricachos dalá. O mesmo timo que o da recadación dos impostos. A refinería coruñesa liquida en Madrid. "Non importa", din os chulapos, "todo queda na casa. Logo desde Madrid pasámosvos os cartos que necesitedes!!!". Mentira e mentira. E para colmo presumen de manternos. Pobriños de nós!!!!!

Timadores financeiros: as Caixas, que sempre gañaron cartos durante esta crise (?), pretenden prexubilar a 11.000 traballadores e traballadoras a conta dos orzamentos públicos do INEM. Mentras tanto, noutro lugar de Europa, o Comisario Europeo da (In)competencia, o epañó Juaquín Almunia, prevé máis axudas públicas aos bancos.....Debería ser delito dedicar axudas públicas a quen máis ten en detrimento dos máis desfavorecidos. Insisto, debería ser delito penal!!!!!

Timadores preocupados: non me creo en absoluto a saída de ton do directivo de Cocacola chamando a atención publicamente a Telefónica por forrarse a conta nosa, comerse mercados internacionais a conta de suculentísimas ofertas para, agora que teñen beneficios bestiais, repartirse o pastel e largar á rúa aos que lle proporcionaron ese cash. Non mo creo, ou polo menos non me creo a inocencia da difusión deste comentario.....

Timadores secuestradores: imaxinádevos que sodes secuestrados por uns maleantes, que vos meten nun zulo e piden un millón de euros de rescate. Imaxinádevos que chegan uns señores alemáns e libéranvos. Ledicia, ledicia infinita!!!!!! Error, error.....agora o zulo é aínda máis infecto e piden por soltarte tres millóns de euros. Deus nos libre dos salvaestados!!!!!

Timadores de andar por casa: as mellores zonas comerciais da Coruña ( e de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Vigo, Segovia, Valladolid, etc...) son aquelas onde non existe o tránsito rodado en absoluto ou este está moi reducido e condicionado, pero aquí, nesta cidade marineda, hai quen insiste en culpar da caída de vendas aos bolardos e o carril bus. Queren que se poida e/ou permita o aparcamento en doble fila ou montar o buga nas beirarrúas....Xa falamos disto e non vou estenderme. O que non nos explican é se é por culpa deses bolardos que a peña acude en masa a Marineda City, pasando atascos incribles, maratóns de escaparatismo e masas inflamadas en consumismo desenfreado....

Timadores clasificadores: a última de hoxe. As clasificadoras pretenden indicarnos a solvencia dun Estado ou país, pero o certo é que son entidades privadas con intereses accionariais especulativos. O seu capital é maioritariamente norteamericano, isto é, está formado por dólares e máis dólares. Cal é a moeda máis castigada nas transaccións internacionais desde que apareceu o euro? Quen ataca aos estados "débilies" parta así atacar directamente ao euro? Que Estado centroeuropeo está a forrarse a conta das desgrazas de media europa??? Quen? Quen?

Parafraseando a Einstein, non sei como será, ou sequera se existirá, o III Reich, pero si sei como será o IV...económico.

Basta por hoxe. Basta.

CONCHITA VELASCO: Mira por donde por allí se mueve un chulapo de Telefónica....Estos, estos si que saben de timos, y no el arrastrao de mi novio...A ver si le saco el número de móvil o me regala un e-book.....

Renovación e cambio de pavimento en Katanga!!!! Buá, neno!!!!

by Katangueiro

Nesta imaxe da rúa Mosteiro de Sobrado tomada ao atardecer desde a esquina da rúa Mosteiro de Bergondo amosa os cambios que se están acometendo no pavimento do noso barrio. A apariencia é manifestamente mellor, a mobilidade tamén gaña enteiros. As esquinas impiden o aparcamento nelas, como viña sendo historicamente habitual. A parte que linda co Centro Boandanza e a Parroquia tamén foi ancheada, imaxinamos que para a tender as aglomeracións de xente que alí se producen coincidindo coas diferentes entradas e saídas a ambos os dous centros.

A pregunta que me fan os/as katangueiros: onde aparcamos agora?????

Eu non teño resposta. Por iso valoro moi moito vivir nun piso con praza de garaxe fronte a vivir nun piso sen praza de garaxe. Non todo o mundo mira iso. En todo caso, amiguetes, acaso nunha cidade europea moderna debe primar o vehículo ante a persoa????

Respondan, respondan....

Galegos coma ti

by Pacotrón
El pensador repensado. Anónimo. Colección da Baronesa de Pitiminí. Escola vallisoletana. Século XIX.

Que teima che nos ten a dereita esteparia -o conservadurismo centralista, mesetario e castellano no sentido pexorativo da palabra- coas acepcións da palabra "galego" en todas as súas variantes de número e xénero. Ao final vai ter razón o mei colega ferrolán e á peña vaille máis a marcha que outra cousa. Explícome.

No que vai de século XXI ningunha comunidade española, autonomía ou región, tivo que soportar comentarios tan desagradables como os que nos dirixiron destacados líderes políticos. Rosa Díez supuraba esquizofrenia xenófoba, ela precisamente, contra os galegos nas súas opinións a respecto do Presidente, o señor Zapatero, e do líder do PP o señor Rajoy. Tanto aguantarlle a chapa de ETA e dos "vascos y las vascas", que é do que vive esta señora, e agora resulta que o que de verdade a anoxa é "los gallegos y las gallegas", ou, como diría Don Manuel, "lo gallego, y punto".

O señor Montilla definiu o traballo parlamentario de CIU como propio de galegos, que non se sabe se suben ou baixan. Pero canto tempo teremos que seguir explicando que o galego si que o sabe, que o que non sabe é o que pregunta!!!!!! (Arsenio dixit). Que vergoña, todo un presidente de Cataluña!!!!!!

Pero agora, a espectacular irrupción do ex-Presidente Aznar no debate supuxo un salto cualitativo e cuantitativo no (suposto) menosprezo. Resulta que para este imperialista fracasado o seu candidato a Presidente, o señor Rajoy, tenlle de problema para ser GALEGO!!!!! Discrepo, discrepo, discrepo, discrepo!!!!!!!

Para comezar, quitado o de nacido en Pontevedra, non teño eu moi clara a galeguidade de monsieur Rajoy. E de segundas, de ser absolutamente galego, cen por cen folclor regional, tampouco lle vexo eu a pega. Máis ben ao contrario. Todo un beneficio ser galego na política española, non crean.....

Galego é Manuel Fraga, fundador do partido onde militan estes señoritos, o Partido Popular, o gran partido do conservadurismo español democrático (cando menos de facto, se non de acto...), como galego era Pablo Iglesias, fundador do Partido Socialista Obrero Español, a formación política que máis eleccións democráticas gañou na historia e que, por tanto, máis tempo gobernou. Por se non chegaba, xa antes fundara a UGT.

Galego era, bastante, o falecido ex-Presidente Calvo Sotelo, quen descansa en paz en Ribadeo, a petición expresa do defunto. Galegos eran a metade dos políticos que un día fundaron a UCD, un partido imprescindible para entender a transición do franquismo á democracia burguesa.

Galego era tamén Francisco Franco, persoeiro que aínda escoce entre as hostes dereitosas por tanto non se dan aclarado á hora de desprenderse totalmente do seu legado. Lembren as agarimosas palabras de Don Jaime Mayor Oreja, outro vasco y vasca preocupadísimo pola lacra de ETA. "Hubo muchas familias que lo vivieron con naturalidad y normalidad", comentaba daquela. NON TE JODE!!!! E tamén con ledicia, verdade Don Jaime?????

Pois mire, señorito Aznar, que os galegos sonche moi perigosos na política española. Os dous partidos con opcións de gobernar a día de hoxe este Estado foron fundados por galegos, e non semella que isto cambie. Galego é entón Rajoy, e tamén o señor Blanco, que tanta acidez provoca nos comentadores da TDT ultramontana. E galegos seguirán sendo. E os de Fachadolid, como vostede, a chupar. A chupar roda, claro. E cala que non fosen galegos os etruscos, os faraóns de Exipto ou os vikingos que descubriron América........

AZNAR PENSANDO: Es que es gallego. Mariano es gallego. Y creo que ya lo sabe....mmmmmmmmm
RAJOY PENSANDO: No se si subirme o bajarme....claro, como soy gallego!!!! Bah, ya lo decidiré mañana.....


Joder, que tropa.....