Tan lonxe.......


Con Pacotrón dándose unha volta pola súa patria perdida, Portugal, non temos máis remedio que estarmos inactivados....de cara á galería blogueira. Non pasa nada, estamos en verán. O estío, como xa sabedes, produce fastío e certa laxitude. Con todo, non está de máis visionar moi ben a anterior instantánea que o Pacotronista nos envía desde ese lugar tan cercano, tan só a 40 quilómetros de nuestra querida Región, traspasado meridianamente o Río Miño. En Katanga, onde nunca sentaron ben as políticas de reserva de prazas de aparcamento públicas para minusválidos, con críticas ás veces xustificadas e ás veces inxustificables ao seu uso "indebido" por parte dos familiares de persoas dependentes, sería imposible (?) que fose ben recibida cousa semellante. Que existan prazas reservadas a mulleres embarazadas, ou parella de muller embarazada, como é o caso da foto que nos ocupa, en párking público dunha coñecida e visitadísima praia do norte do litoral portugués, é dunha "atrocidade" social que os tempos insolidarios que nos toca vivir non consintiría. Que unha embarazada e a súa parella poidan ir tranquilamente á praia xa que, aínda en caso de emerxencia inesperada, disporrían do seu vehículo estacionado a unha distancia mínima a onde se atopan, mentras EU teño que dar unhas voltas e aparcar máis lonxe e andar un bocadiñoé totalmente inadecuado é propio das ocorrencias de Zapatero e da súa ministra igualitaria, pero é totalmente inaceptable para os que non estamos embarazados. Que xa está ben de dar axudas e facilidades, que estamos en crise, coño!!!!!!

Ai....qué tempos. Tempos onde se celebra a bombo e platillo que a Banca, a que nos meteu neste enredo de crise con millóns de persoas en paro e outras tantas en expectativa do que poida pasar co seu emprego, pasou os test de saúde financeira de putísima madre. Quizais algunhas das familias e veciños próximos non os pasase, claro, pero é que son só persoas. Qué máis ten.......

Bo verán.


Moda punk en Galerías.......

Compartir
by Pacotrón


Nestes días non se fala doutra cousa máis que de se as abondosas bandeiras rojigualdas que se ven estes días en cidades, vilas e descampados representan un País ou representan, nada máis, un equipo de fútbol. Para uns, claramente un País unido, grande e libre. Para outros, un equipo que vén suplir as carencias trofeísticas do antano poderoso Real Madrid. Para outros, un equipo para un País. Pero bueno...tamén se fala da rotonda de Ikea e do parking do Parrote (abarrote no). Por fin temos na Coruña unha cidade moderna que debate sobre mobilidade!!!!! Qué europeos que estamos!!!!!

Sobre este debate -o futboleiro- as nosas galerías comerciais katangueiras da Rúa Barcelona adoptaron unha solución que pode que resolva, dunha vez por todas este intríngulis cromático. A rojigualda non é máis que unha moda, un xeito informe de cubrir as nosas vergoñas cun colorista vestiario máis visible que a térmica de Meirama en día soleado. Eis a proba nesta foto superior que é, precisamente, SUPERIOR. Advertide o atrevemento de incluír un disidente "oranje" detrás destes conxuntos pensados tanto para o neno como para a nena. Nena española, of course!!!!

España en igualdade, polo menos en patriótica igualdade.........Como dicía aquela tonadilla:


Moda punk en Galerías.....muy punk!!!!!

TORITO: Para todox lox expañolex de bien, exa niña bien pudiera reprexentar a Expaña....
PULPIÑO PAUL: Otro ao que se lle subiu Don Mariano á cabeza......

Exercicios de patriotismo barato (e 2)

Compartir
by Pacotrón

Hai para quen o patriotismo xira arredor dun balón. Se entra, son patriota. Se non entra, son idiota.

Son amante do fútbol desde pequeno. Tamén sempre abxurei daqueles que pretenderon sustituír as nosas/vosas miserias polo esférico narcótico.

En moitos edificios, Katanga incluída, lucen bandeirolas de España compradas nos comercios rexentados por cidadáns do Imperio do Sol. Bandeiras do Imperio onde nunca se puña o sol. A selección española vence á crise e provoca millóns en beneficios....para China. Made in.



Na víspera, miles e miles de cidadáns e cidadás cataláns enchen Barcelona de bandeiras de Catalunya para reivindicar o seu feito nacional. En España a bandeira catalana dá menos alerxia que a galega ou vasca. A base está no vermello e no amarelo. Sangue e ouro.

Eu creo que Galicia/Galiza é unha nación, pero tamén creo ( sei ) que o concepto nacional do século XIX non ten xa sentido hoxe, nin para Cataluña, nin para Galicia/Galiza, nin para Euskadi nin moito menos para España. Quen ten a soberanía?. Eu non.

"Un patriota, un idiota", cantaba La Polla Records en 1986, cando o mundial de México celebrado despois das enormes perdas humanas provocadas polo terremoto máis brutal daqueles anos.

Un idiota sempre se aferra máis fácilmente ao patriotismo. É coma un refuxio para as nosas propias miserias. Todos coñecemos a inmensa FORTALEZA que produce a pertenza a unha ilusión colectiva. Preguntade en Alemaña.

Onde está a chave do nacionalismo actual e futuro?. É a economía, estúpidos.


CHICO DE GAFAS: Boas....eu só viña a ver se podían emprestarme uns eurazos para un pisiño coquetísimo que vin en Katanga......
BANQUEIRO: Por supuesto.....no hay problema...pase...pase.........


Abur, yogur!!!!

Estío e fastío......

by Katangueiro

É Katanga, nestas primeirizas mañás de verán, unha sorte de buque pirata, transporte fantasmagórico de corpos e almas á deriva. Este galeón, que leva por proa Monte Alto e a Torre, conta cunha popa capitana, instalada sobre a Agra toda, desde onde encamiñar o noso multitudinario devalar.

Sobrancea, e de qué maneira, a arboladura do buque recortada á nosa vista polos raios do sol mañaneiro, do sol menciñeiro e fotofóbico. Esbirro algo apenado e continúo o camiño. Máis perto que lonxe se ubica a antiga Clunia, para onde me dirixo.

Resulta estraña esta orografía propia de asentamentos antigos para os que habitamos o cumio dos montes por medo á desgraza, á dor e á morte. Qué tranquilas debían ser aquelas xentes cando podían vivir completamente á interperie sobre a cuberta do buque sen máis teito que o ceo estrelado, sen máis agocho que a névoa madrugueira, sen máis defensa que a pel curtida polo salitre e polo sol de Katanga!!!

De qué materia estarán feitos estes navegantes???


Máis cara ao interior as paisaxes son ben diferentes. Combínanse aquí os sombríos e cobizosos regatos cos secos prados estivais, de douradas cores e preguiceiros tons. O camiño endurécese tamén, pois tal é o esforzo que precisamos facer os humanos para atravesar o Monte do Destino, iniciado o ascenso desde a Clunia romana e superado o accidente xeográfico pola súa aba máis agarimosa. Estío poderoso, estío duradeiro, que nos permite albiscar a Ría na súa plenitude entanto nos afastamos dela á procura dos abrigados vales.

Inmobilizo a vista aparvado no devir das frías augas desde a montaña nacente ao mar ponente. Ben puideran ser os movementos ondulantes e forzados desas algas o último que os meus ollos contemplasen e así, máis que tranquilo, deixaría este mundo e esta vida!!!


Fastío tamén que acompaña ao estío. Fartura de balón e tontería. Fartura de noites soleadas e parrillas ardentes.

Por qué será que os campos, os que a nosa mirada acerta a enxergar, semellan non ter dono nin dona, semellan estar dispoñibles para o noso gozo ou pena, semellan ácratas e libertinos, mentras todos e cada un dos espazos urbanos que coexisten neste buque de misteriosa deriva mídense co extremo milimetrismo propio máis ben de colonizadores sen cultura que de seres que o habitasen cariñosamente???

Inicio o lixeiro descenso polo camiño do leste e paro ante unha praza valada e mais baleira. Están tolos estes marinedos!!!!!!! Maldito verán......


IDEAL GALLEGO: 



Aburete, yogurete.....





Rebaixas katangueiras

Compartir
by Pacotrón



Hoxe, comezan as rebaixas en Katanga toda.

Pensa ben onde, cando, por qué e cómo vas gastar os cartos.

Comprende que aínda é día 1 e que queda moito, moitísimo mes.

Responsabilízate á hora de realizar calquera gasto. Estamos comezando o verán.

Medita sobre cómo queres que sexa a túa vida e a das persoas que te rodean. Pregúntate se queres vivir nun Centro Comercial ou queres vivir nun barrio de rúas vivas e dinámicas.

Realiza un exercicio de escaneo previo do que pode ofertar o comercio local, do teu barrio ou doutro, antes de acudir como zombie a un espazo inmenso de desmesura consumista.

Entende a desestruturación -e os graves prexuízos que ela acarrea- que provoca o peche incalculable de negocios de proximidade.

Calcula o que che vai custar calquera produto de primeira necesidade cando teñas que desprazarte en bus para compralo porque nas rúas máis próximas a onde vives non queda nada aberto xa.

E ante a dúbida, como na lei do fóra de xogo, non vaias. Non gastes. Garda para mañá. Verás como algo aparece máis perto do que imaxinas......


KATANGUEIRA: Pero seguro que non queres que pasemos polo Centro Comercial para ver de chonear algo para o pequerrecho????
KATANGUEIRO: Nin de coña.....Eu e os meus coleguis quedamos no barrio!!!!!!



Aburete, tribulete!!!!