by Katangueiro, adicado a Pacotrón
Si no quieres caldo....toma dos taaaaaaaaaaazas!!!!
Porque yo lo valgo. Iso debeu ser o que tiña en mente o irresponsable municipal de Festas cando decidiu recortar os gastos lúdicos herculinos no único evento que adica -ou adicaba- esta cidade marineda ao sector social que máis paga e pagou as crises económicas do capital: a mocidade, entendida esta nun sentido máis que amplo, tal e como se entende nos tempos actuais: entre os deza e algo ata os corenta e tantísimos....símbolo dos novos tempos (ADOLESCENS-ADOLESCENTIS: ao que lle doe algo).
E dicimos que se fume un poprock sendo plenamente conscientes de que algún que outro xa se fumara o verán pasado a conta do tracatrá do tren e de El Niño de las Bombillas. Aquel día organizouse un macrobotellón verbeneiro de mírame e non abanees....con sobreabundancia de cabelos prateados. Ese si que vale!!!
Porque, postos a aforrar, hai quen pide que se suspendan as corridillas taurinas, espectáculo sanguinolento non apto para seres humanos...con sensibilidade. Tamén hai quen solicita os mesmos recortes para o Encontro de Habaneras, espectáculo sanguinolento non apto para seres humanos....e punto, que diría Don Manuel. Otra proposta alternativa é a da eliminación física do certame de Casetas Regionales, acontecemento multitudinario, multidisciplinar multicultural e multiplicado ou elevado ao cubo....ao de Rubick!!!!!
Pero nós, katangueiros de pro, katanguistas de hoxe e katangáns do mañá, propoñemos un modelo alternativísimo -como non debía ser doutra maneira- para contentar a todos sen gastar moitos chús: a Exposición Internacional das Festas da Coruña. Isto consistiría en adicar o Colisseum á celebración conxunta de todos estos eventos. A historieta quedaría asín:
1. Liberamos o "coso" e celebramos unha boa corrida, seis Mihuras seis, mentras no escenario se desenvolve o Encontro de Habaneras. Ole, ole y ole!!!!
2. Na explanada do párking de Carrefour, concerto Rock e jevirulo.
3. Na explanada do Colisseum, concerto pop independente, electrónico e neoromántico.
4. Bordeando todo o recinto, Casetas Regionales.
Tres días de rachí ofrecendo unha man a Deus e outra ao Demo!!!!! Grande Coruña!!!
Apoiar esta proposta é ser un bo patriota para os tempos de crise que corren. Xa me tarda unha manifa pr'a esixilo!!!!!!
Pero se isto non se amaña, non desfalecer, amiguetes!!!!!....que nunca choveu que non escampase. Os administradores e/ou irracionais responsables deste blog suburbial tivemos acceso ao que se nos tiña preparado este ano para o Noroeste de ter habido máis parné. A saber:
BOMBAZO INFORMATIVO: O NOROESTE QUE NOS AGARDABA......
Gran Coro de Habaneras del Ejército Ruso, que continúa con éxito su gira mundial!!!!