Páginas

La Voz del Amo. Ética y Tétrica.


Ante outra mostra de triste e patética desvengoña e falta dos máis mínimos valores morais ou éticos, os que este señor presume defender "a capa y espada", reproducimos aquí o correo que lle enviamos ao señor Santiago Rey Fernández-Latorre despois de deglutir o seu novísimo e extenso artigo de opinión titulado La Voz de la Calle


Ética y Tétrica:

"Hay que tener desvergüenza para venir a darnos lecciones de ética quien más propició la vuelta de los más rancios, en lo político, económico y cultural, a la Xunta. Un paso atrás para tod@s los que creemos en este País y en sus posibilidades. Para tod@s los que creíamos en un anterior gobierno que no vendía nuestro País por dos pesetas, ni a Pescanova, ni a Fenosa, ni a Endesa ni a CajaMadrid. La clase de País que el señor Santiago Rey no podía, ni puede, soportar. De ahí su obsesiva cruzada contra el señor Quintana, que, más que un ex-vicepresidente, pareciera que gobernase este País con mano de hierro durante dieciséis años, dilapidando en caciquismos y “paparotas” los cuartos europeos que debían destinarse a nuestro progreso conjunto. No, ese señor era Don Manuel, y su partido, el Partido Popular. El partido que cierra servicios públicos para potenciar a sus “coleguillas” de la sanidad privada con el aplauso de SU MEDIO, de su empresa. Me alegro, aunque es bien triste, al saber que personas próximas al señor Santiago Rey padezcan hoy en sus carnes los cambios producidos por las políticas que el PP está trayendo a Galicia. No siempre pagan los pobres, supongo. Alguien tiene que pagar este desmadre de desgobierno, pues de lo único que se encargan los “Feijoo-boys and girls” es de deshacer lo hecho por otros, o sea, de desgobernar lo que otros gobernaron. Ánimo en su cruzada. Que usted, y los suyos, lo paguen bien, que los demás ya lo estamos pagando.

Katanga Koruña………………………….ad libitum".


Son un pobre Katangueiro.......

....Ai...pero qué romanticón que estou!!!!!!



Soy un Pobre Granaino ( Colombianas )

Soy un pobre granaíno
que vive en la serrania y de noche bajo a verte
porque no puedo de día
y si de mi dependiese, nunca te abandonaría.

Sabes que por quererte me estoy jugando la vida

en lugar de darte pena en lo que queda de día.
nadie va a quererte nunca como yo a tí te quería,
en lugar de darte pena en lo que queda de día.
nadie va a quererte nunca como yo a tí te quería

Una rosa en un rosal es mucha fantasia
y el viento y la deshoja ya estará rosa perdía.

una rosa en un rosal
es mucha fantasía

mira el viento
y que la deshoja
ya estará rosa perdía.

una rosa en un rosal
esto es mucha fantasía.



Noroeste Pop-Rock: a modo de pequeno resumo e......vacacións!!!!!!!!



Entre que xa van tocando uns diíñas de vacacións katangueiras, as festas coruñesas enfían a recta final, e o grao de intoxicación, terxiversación e vil manipulación da prensa local acadou este verán tintes máis neorealistas e kafkianos que surrealistas (faltoulles picardía e diversión e sobrou mala leche e desinformación interesada), decidimos tomarnos unhas boas vacacións ata finais de mes non sen antes deixarvos un " a modo de pequeno resumo" do que veu acontecendo nesta cidade os últimos corenta días, máis ou menos. Pa qué??? Pa ná!!!!! Para que quede constancia aproximada en forma de croniquilla.......porque non vexades o que fai o meu ordenata cada vez que quero descargarme algunha nova relativa a esta edición do Noroeste Pop-Rock:


PC KATANGUEIRO: "Mira, mira o que fai o porco do teu PC coa última crónica do Festival que querías descargar!!!!"

É que non é para menos!!!!

Uns, a Voz de Galicia, aplaudindo coas orellas todas as ocorrencias de Garcés e os seus coleguillas de cuadrilla. Todo sexa por facere dano ao actual goberno local. É que xa coñecemos as "preferencias" políticas e os intereses de Don Santiago Rey Fernández-Latorre, como puidestes ler AQUÍ, nun excelente artigo do amiguete Pacotrón.

Outros, a Opinión (¿?) da Coruña, inventando as crónicas do Festival con todo o que estaba caendo!!!!! Xa retiraron a da primeira xornada, pero creo que podedes aínda ler os comentarios POR AQUÍ

E o Ideal Gallego......ni fu ni fa. Quen o le?????? Este medio chegou a considerar máis que positiva a edición deste ano, pois contentou a todas as idades....Pero, por qué o Noroeste Pop-Rock ten que contentar a todas as idades??? Benicassim contenta a todas as idades??? Ortigueira contenta a tod@s??? O Festimad??? O Primavera Sond???

Vexamos os diferentes públicos que pasaron polo Noroeste:

PRIMEIRA XORNADA: Mistura de trinta-corentóns con seguidoras dos multipremiados grammylatineiros de Calle 13.


SEGUNDA XORNADA: Pois iso....qué esperábades?.


TERCEIRA XORNADA: Pois iso...o que era de esperar. O público dun típico Noroeste.

E agora digo eu: as dúas verbenas que se celebraron na Torre, o Certame de Habaneras ou de Casetas Regionales, as tres orquestas que tocaron ao unísono no Paseo Marítimo, os bailes que se organizan durante todo o ano nos Centros Cívicos, a verbena do Centro Cívico dos Mallos para o 18 de agosto, a Romaría de Santa Margarita, as actuacións da Banda Municipal.............SON PARA TODOS OS PÚBLICOS???? SEGURO???

Aí queda a pregunta.

Pero vaiamos por partes. Sigamos unha mínima orde cronolóxica, que xa nos estamos perdendo, Katangueira!!!!!!!!

O certo é que as cousas non pintaban xa moi ben a comezos de xullo. A Torre de Hércules acababa de ser nomeada Patrimonio da Humanidade. Anunciárase no contorno da Torre un concerto para o 4 de xullo. Tocaban Cat People e Krakovia dentro da programación de Caixanova na Rúa. Pero, claro. Non podía ser tanta felicidá. Cambiouse a actuación por unha verbena e trasladouse o concerto de Pop-Rock a un lateral escondido, camiño do Mar Exeo. Disto falouse sobremaneira AQUÍ. En resumo. Unha indecencia. Un atraso. A prensa literalmente ocultou a existencia e a nova ubicación deste concerto en beneficio dunha verbena protagonizada por dous rapazotes saídos dos peores pesadelos do reggaeton e dúas neniñas con ben pouca roupa deleitando, cos seus movementos sexis, a unha parroquia formada, na súa inmensa maioría, polos seus abós e bisabós!!!!!

"Non, se aquí o que hai é moito enfermo......a ver, diga trintaetres!!!!!!"


E, nestas estábamos, cando chegou o Coronel Garcés e mandou parar.....

A finais de xullo preséntase o Programa de Festas da Coruña 2009. Unha vez máis comprobábase a pouca orixinalidade e o escaso atrevemento dos programadores, á par dunha máis que psiquiátrica insistencia na mesma programación ano tras ano.....cun agravante: o Noroeste Pop-Rock volvía contar con grupos que viviron mellores tempos e....Raphael+Consorcio. Toda unha provocación!!!!!!

Os acontecementos dispáranse. Créase a páxina de facebook No estoy de acuerdo con el cartel del Festival Noroeste Pop-Rock`09, e pouco despois o blog Salvemos o Noroeste Pop-Rock. As adhesións a este movemento educado de protesta amplíanse día a día grazas ao boca a boca....(Cómo mola o boca a boca. Eu practícoo todos os días...que podo!!!!).

Como todo o que pode empeorar empeora, a conta dunha entrevista aos promotores da protesta na propia praia de Riazor, a Voz de Galicia...ese diario...desvela a nova do verán: membros do BNG, entre eles unha concelleira, forman parte da protesta no facebook!!!!! Ai, qué cousas teñen os membros do BNG!!!!! E, claro, Garcés dispárase no pregón taurino, arroupado polos coleguis de cuadrilla que o "arrodeaban", apuntando aos promotores da idea como "aqueles que só casan en galego". Gran pecado!!!! Podendo casar só en castelán ou español, home, que indecencia e vulgaridade.....Vamos, que os causantes da protesta eran do BNG. Nacionalistas resentidos.

Frikis con solera: o caso Garcés

O punto máis surrealista púxoo o pregoeiro taurino traído a tal efecto, Don Vicente Zabala.

"Yo sólo vine a comprar pan, y me enseñásteis el Corán..."


"Yo sólo vine a comprar pan, y me enseñásteis la cumbia y el jazz....". (Jazz...quen nos dera....)


E con garcés xa desbocado como torito en chiculinas, facendo burla de U2, Leonard Cohen, Bruce Sprinting e Lou Reed....aí é nada....pasou o Noroeste Pop-Rock máis verbeneiro de todos, como se non chegase co día da Batalla das Flores, si, esa batalla onde supostamente se tiran caramelos para os nenés e que tes que pelearte cos rancios e jubiletas para coller un....que chegan mesmo a empurrar aos críos con tal de pillar cacho!!!!! Pois ese día, TRES ORQUESTAS TRES en todo o Paseo Marítimo!!!!!

Moitísima máis xente que na protesta de María Pita contra o cartel do Noroeste, claro, o que demostra que o que quere a xente é a Garcés!!!!! Bueno bueno bueno....non quero aquí mencionar aquilo de "Come merda, millóns de moscas non poden equivocarse!!!". E falando de moscas e merda......


"Animo a todas y todos los lacoruñeses a acudir este año al Noroeste Pop-Rock, especialmente el día del Consorcio y Raphael!!!"

Si, Carlos Marcos, ese exemplo de integridade política: primeiro anuncia unha candidatura para as municipais de 2007 auspiciada por Cidadáns, logo pásase ao Partido Galeguista, en paz descanse, para, rematado o despropósito, formar outro enguedelle con Corcova chamado Unión Coruñesa.....qué orixinal.


Para colmo de despropósitos e supino insulto á intelixencia, o Garcés vai e suma o público asistente aos tres díase...catapum!!!!, o Noroeste con máis público da historia....ghrande mentira, amiguiños, pois só o dia de The Cure a mesma, a mesmiña organización calculou en 70.000 as persoas presentes. O doble que os ex-mocitos e Raphaelillo!!!! Pero así son as contas desta edición, ao mododas corridas de touros: dúas mil cincocentas persoas, por tres días, igual a sete mil cincocentas persoasque foron ás corridas.....Eu penso que son dúas mil cincocentas que compraron o abono dos tres días, pero bueno......

Para o ano, de insistir na aposta verbeneiril, propoño o seguinte:



Pero como o último de Garcés xa está ben comentado
AQUÍ, e a Katangueira xa se me está poñendo nun plan que....como comprenderedes....colócame nunha delicada situación....


KATANGUEIRA: "Qué, pasmarote, colles ou non colles unhas vacacións para perdernos por aí ti e eu sós, sen Garceses nin Crespos, nin Vozes, nin Zabaleses, nin Noroestes nin nada de nada????"


EN FIN, DELFÍN. QUE EU COLLO, EU COLLO.............ABUR E ATA SETEMBRO!!!!




Fotos+Vídeos da concentración "Salvemos o Noroeste Pop-Rock"

















Agradecer á Katangueira as súas fotos e vídeos, xa que o Katangueiro ía de artista e non podía estar pendente de todo, coño!!!!!

A BOA NOTICIA: conseguiuse, por vez primeira, que o tema da sensibilidade para coa música que NOS gusta ocupe portadas de xornais e noticias en radio e televisión. A guinda, esperemos, é a promesa do Alcalde en que non volverá pasar....e terá que pasar un ano para ver se a promesa se cretifica.

A MALA NOTICIA: deberíamos ter sido máis. É importante demostrar que este malestar non é cousa de catro "inadaptados", de catro "nacionalistas" ou de catro "nacionalistas inadaptados".

O NOROESTE POP-ROCK É COUSA DE TOD@S!!!!!

"Eu non puiden achegarme a María Pita por razóns...de forza maior, pero estou con vós desde onde estou...que tampouco teño eu moi claro onde estou..."


"Un puntazo, colegas, todo un puntazo...aínda que non temos moi claro de que ía o asunto...Para o ano que vén, repetimos!!!!!"

ÚLTIMA HORA. VÍDEOS DE YOUTUBE:













María Pita...pero o Noroeste pita máis!!!!!


ImageChef.com Poetry Blender

Esta noite, vídeos e fotos da protesta......pero, por agora, quedade con este vídeo ASPECTACULAR onde podedes admirar a cantidade de xente que Xa tomou ao asalto as mellores ubicacións para seguir esta edición do Noroeste Pop-Rock!!!!!

A maiores, podedes tamén admirar a perna da Katangueira, marcándose uns pases de baile ao son do "Cha cha cha del tren". Riazor on the top!!!!!!



Salvemos o Noroeste Pop-Rock Katangueiro!!!!!

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more
Rematadas xa as corridas.....de touros, podemos centrarnos no gran gran gran acontecemento que terá lugar mañá mércores,ás 21:00 horas na Praza de María Pita: a protesta organizada polo grupo "Salvemos o Noroeste Pop-Rock" contra a devaluación dun festival que chegou a ser, en tempos, todo un referente, máis aló das fronteiras difusas da Gran Coruña.

Lembrade que podedes ter máis información sobre esta protesta no blog creado a tal defecto, perdón, efecto "Salvemos o Noroeste Pop-Rock".

Si ghustades da historia e das leccións que ésta nos dá, non vos perdades este artigo antolóxico sobre o festival coruñés máis nomeado da última década ( máis que os encontros de habaneiras ou as bonitismas casetillas regionalistas...):

Historia inconclusa para adultos do Festival Noroeste Pop-Rock

POR CERTO..MOITAS GRACIAS AOS PROMOTORES DO BLOG-PROTESTA POR INCLUÍRNOS NA LISTAXE DE BLOGS-PROTESTA.....É QUE KATANGA SEMPRE MARCOU TENDENCIAS....


Millóns de chinos confirmaron a súa presencia mañá na Praza de María Pita.....Qué vistoso vai ser todo!!!!!!


O Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Herr Flick, tamén confirmou a súa asistencia ao acto protesteril..."É que semprrre gostei das prrrotestas de masas. Lémbrrranme os desfiles de Niurrremberrrrg...Heil, Nina Hagen!!!"


"Aínda me lembro, coma se fose onte mesmo, do ano en que tocaron os The Cure......Ai, black shadow that you amazes to me!!!!!"


Y EL TORO DIJO AL MORIR: "Siento dejar esta Coruña sin un Noroeste que rabuña!!!!"

VÉMONOS MAÑÁ NA PRAZA DE MARÍA PITA....PORQUE:

MARÍA PITA.............PERO O NOROESTE PITA MÁIS!!!!!


Frikis con solera: Don Vicente Zabala



Non, amiguitos, este home non é Arévalo, aquel humorista 'pañó que triunfou facendo rir a media España e chorar á outra media a conta dos homosexuais e as persoas con deficiencias e impedimentos físicos na fala. Os gangosos, vaia.

Arévalo é este de aquí abaixo:

"Iba un mariquita gangoso en silla de ruedas con su novio por el Rocío.....". Ah, ese fino humor español......

Pois sabede que este misterioso home, este pedazo de macho madrileño, non é outro que Don Vicente Zabala, crítico taurino e pregoneiro da nosa tan querida Feria Taurina de La Coruña.

Aquí tedes un "A modo de curriculum" que el mesmo se fixo.....non ten desperdicio. Este comezo é denotativo da excelsa personalidade de tan isigne tauromaco!!!!! Pero qué majete que nos es:

"Nací en la clínica Loreto, en Madrid, el día del aniversario de la muerte de Juan Belmonte de 1970. Ya ha llovido. Padre ejercía de periodista taurino y madre ejercía de hija de torero.
No sé todavía a quién de los dos se le ocurrió bautizarme Vicente en lugar de romper con la saga y evitar líos en casa. Mi primer colegio fue el San Isidoro, aunque pasé un año de párvulos en otro que se llamaba El Porvenir, junto las cocheras del Metro de la línea 2 de Cuatro Caminos. En 1982 cambiamos de casa y cambié de colegio. El famoso colegio del Pilar de Castelló 56, donde estudió Luis María Anson y José María Aznar, entre otros grandes cocos de España, condujo mis pasos y mi formación hasta la carrera.
Pasé unos años extraordinarios, lejos de la mala educación y todas las chorradas intoxicadas que se vierten sobre la formación en manos de los curas, marianistas en este caso. Todavía mis mejores amigos son de aquella etapa. Entre el CEU y la Complutense saqué la licenciatura de Periodismo.
Tardé trescientos siglos, porque don Vicente Zabala se empeñó en que para valorar el dinero y aprender la profesión había que trabajar desde muy pronto. Así que con la edad legal recién cumplida participé en dos programas de TVE, uno sobre Pepe Luis Vázquez –Pepe Luis a secas- y otro sobre Nicanor Villalta. Cayó el primer parné."

( ai, que me rompo.....)

Básicamente, a súa fotobiografía pode resumirse así:




Ben...esta última trata, máis ben, sobre o futuro que lle espera a este pregoneiro toureril.......

Qué por qué é tan importante este home??????

Porque acaba de presentar a teoría eutanásica máis absolutamente irrebatible que nunca se elaborou....Que se prepare Ramón Sampedro, onde queira que estea, porque xa temos o seu émulo en vida!!!!!:

"El toro muere combatiendo después de vivir como un Rey"....Ole, Ole tus cojones!!!!


Para rematar, porque non sei qué máis se pode dicir, unhas preguntiñas algo tontiñas, si, recoñecémolo:

1. Se trato como Dios a un crío...poñamos seis anos.... logo podo rematalo a banderillazos e cobrar entrada????

2. Se non é un crío, que queda un pouco feo, e ten, polo menos, a idade do señor Don Vicente Zabala.....podo rematalo a banderillazos e cobrar entrada????

3. Se se vive a corpo de Rei, pode vir alguén, con todo o dereito artístico do mundo, e banderillalo ata a morte e cobrar entrada????

4. El-Rey Don Juan Carlos, vive a corpo de Rei???? En caso afirmativo....volver á terceira pregunta....

5. Vive Don Vicente Zabala a corpo de Rei???? En caso afirmativo...que si que vai ser, porque este tipo vive de puta madre seguro...Podemos matalo a banderillazos e estocadas e cobrar entrada???

En fin, delfin. Un bo lote de preguntas incómodas para Don Vicente...a quen non lle imos desexar unha morte combativa na "Plaza"...máis que nada porque somos persoas, carallo, iso te salva, lambón!!!!!



ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more


Frikis con solera: o caso Garcés.



De verdá de verdá de verdá que non hai que darlle máis importancia da que ten, pero non me negaredes que o Concelleiro de Festas e Crítico Musical do Concello da Coruña, o señol González-Garcés, está estes días especialmente gracioso ou, como diríamos na Coru, choqueiro....




E, pese a saber que declaracións como as de hoxe fan que algúns sintan como unha especie de patada en los guevos de mírate e non te menees, o certo é que unha cidade como a da Coruña, un goberno como o de Losada, tiña, ao igual que ocorre en todos os gobernos importantes do mundo mundial, que contar cun bo friki que fixese as delicias dos rancios, ao tempo que insuflase ánimos festeiros na meirande parte da xente do común....

Garcés provocando......arcadas e montando follón!!!!!

...e aquí tedes as arcadas e aos do Ku-Kux-Klan preparados xa para montar follón!!!!


Pois o certo é que a gloriosa historia dos frikis galegos, que está aínda por escribir-a ver se Manolo de Toro ou Suso Rivas se animan a facelo...-ten como máximo exponente a un home de Don Manuel chamado Jesús Pérez Varela. Folga dicir os motivos de por qué lle puxeron o de Jesús. Mirade este faboloso documento:



Efectivamente....Jesús...María y José!!!


O caso das ocorrencias de Garcés neste 2009, sendo tamén bastante cómico "a la par que despectivo", non é o primeiro intento deste prohome por superar ao mestre Don Jesús. Supoño que todos recordaredes os efectos que provoca a crenza irracional en que un é todo un humorista nato en homes como o señol González-Garcés:



Efectos graciosos, como no caso do ínclito Don Jesús, pero tamén vergonzantes, como no caso do ínclito Don Jesús....

E qué opinan os antano líderes políticos nacionais do escándalo das festas e declaracións do Concelleiro de Festas e Crítico Musical señol González-Garcés????


Carlitos...cuenta conmigo para todo, que bien sabes que si hace falta tú y yo, juntitos como antes, aún corremos a alguno....a guantazos!!!!



Déjeme usted en paz....Le he dicho que no!!!!!



DOCUMENTO INÉDITO: Foto recollida dez minutos antes do pregón taurino. Garcés adianta aos seus amigos de cuadrilla o follón que vai montar: " Ya veréis, ya, como hoy la liamos de puta madre contra los indeseables nacionalistas...y contra los indeseables a secas también..ho ho ho ho...pero qué cachondo soy!!!!"



ACTUALIZACIÓN INTRODUCIDA ÁS 14:40 HORAS DO 6 DE AGOSTO:

Pero qué requetepalazo que debeu levar este home ao ver como o seu antano coleguita Losada o desautorizaba totalmente no seu blog persoal....Eu xa non sei se sentir pena penita pena ou.......


O certo é que as chonis do barrio xa andan quedando para baixar a Coru o día de Raphael: "Que si, que si, que é Rapahael......o de verdá!!!", dicíame unha onte á tardiña, cando o sol se estaba a poñer.....morado!!!!!!


Festas (¿?) en Katanga!!!!!!!!!!!!

Que si....que si....que así quedou o noso pobre amiguito Spidey despois de coñecer o programa de festas deste ano para A Coruña e, máis en plan mala baba, para Katanga: nel de nel!!!!! Soltade os chuquelos!!!!!





Mañá, completo a información ao respecto......arre carallo si a completo.....é que agora me reclama a Katangueira para ir chonear polo barrio ( ir de oulés, vaia...)

E....AO DÍA SEGUINTE.......CONTINUAMOS.....COMO PROMETÉRAMOS.....

O programa completo pódese descargar AQUÍ MESMIÑO.

Aquí tedes a oferta de Festas para a nosa Katanga...e territorios asimilados...

12 de agosto, ás 17:00 horas, na Praza das Conchiñas, Festa Infantil.
26 de agosto, ás 17:00 horas, na Praza Salvador de Madariaga, Festa Infantil.

Estas ofertas inclúen inchables, actuacións de magos, Manicómicos e Festa da espuma......ummmmmmmmm.....espuma......Xa podían facelo para adultos!!!! E adultas!!!!

Ánimo, Katangueir@ssssss...que está xa aquí a Festa da Espumiñaaaaa...



Noutra orde de cousas, desde este Blog que tanto vos disgusta, o noso, sumámosnos a esta campaña de protesta polo cartel do Noroeste Pop-Rock:

Información sobre a protesta

Páxina de Facebook sobre a protesta

Blog protestón...

Reprodución do artigo "Defenitivamente....cara atrás", de Pacotron



Polo demais......ninguén protesta polos artistas escollidos, que seguro que teñen o seu público-sen ir máis lonxe, a Katangueira vaime arrastrar ao concerto de Raphael...-pero si por desatender a un máis que amplo abano de persoas de entre 25 e 40 anos que QUEREMOS algo de pop de calidade....e algo para os jevirulos!!!!

Pois por nós.....como se hai que poñerse pelucas para parecer metaleiros!!!!!