Páginas

Rematou a campaña para escoller Presidente de Katanga!!!!!

>
Claro que si......rematou xa e aquí vos deixamos algunhas fotos e montaxes para o recordo:

Moi boa montaxe a cargo do amigo Elgoio.


Isto é xa un adianto das municipais de dentro de algo máis de dous anossssssssssssssss

Eses bicos de desexo desbocado.....


Eses bicos candorosos e namorados.......

Enquis quis quisas e recta final de campaña

>
Pois si que hai enquisas a tutiplé e en cada casa diferentes.......





O certo é que a campaña entra na súa recta final....a Divina Pastora nos conserve a cordura......e xa se viu de todo e a todos:






Desde logo que, chegados a este punto de inflexión, moitos cidadáns, coruñeses e coruñesas, terán xa decidido o seu voto e mesmo "Votan con alegría, Señor, votando vienen con alegría, Señor......"



.....ou, pola contra, aínda non cho teñen moi clariño e votarán....ou non con alegría tamén, que para todo hai:


Eu apúntome co Nota....

En todo caso, e se aínda así seguides sen ter moi claro clarito claro como el agua cristalina, claro clarito claro como el azul cielo del día, a quen carallo ides votar, e sen perder de vista o entroido que estamos a disfrutar, probade a disfrazarvos de DRAGQUEENS e peghade uns bailes a conta do último de Fangoria, que saen do fango, como algúns polítecos. Abur, yogur.



>

Katanga + Ferrol...a mesma loita !

>
Un amigo noso ferrolán que vive en Katanga mandoume este vídeo impagable. Xa sabedes que no barrio viven moitos especimes do tipo ferrolán. Son boa xente. De Catabois e Caranza, maiormente. Pois nada, mirade o vídeo que chega de sobra. Por certo, saen algúns coruños. A min desculpádeme. Agora teño que ir atender os chuquelillos.

Katanga Kriminal 2 (serial blog)

>


Acabamos de ler esta noticia que ocorreu ao outro lado do Río Grande (Ronda de Outeiro) pero que seguriño seguriño ten que ver co que pasa a este lado do Río.
Podedes mirar a noticia completa AQUÍ.

E non é o único relatillo delictivo do día referido ás nosas cercanías xa que a xente do Videoclub Seijo tampouco se librou desta vez. Mirade a tremenda putada AQUÍ.



Para colmo de males......o deportiviño tampouco nos deu unha alegría onte, precisamente.
Ai ai ai aiiiiiiii.......qué crise. Polas barbas da Divina Pastora!!!!!!!

>

Katanga Kriminal 1 (serial blog dirixido a mentes perversas)



É ben certo que o noso barrio ten un pouco de mala fama. VAMOS......QUE SOMOS UNS QUINQUIS DE MIL PARES DE PELOTAS.
O que ocorre, moi tristemente, é que a xente desta cidade pensa que un problema que é de tod@s resulta que é só noso e nada máis que noso...ata que lle toca.
Ver noticia habitual
Pero claro, neste barrio contamos cunha boa cantidade de PINFLOIS visitantes, como o caso do noso amigo Terremoto (tedes un relato das súas andanzas AQUÍ) e outros moitos e variados exemplos. É certo que agora non toca extendernos moito con isto, pero se con este retrato vital que espero chegásedes a ler aínda non vos dades feito unha idea do tipo de persoal do que estamos a falar, aquí vaivos unha foto do amigo Terremoto na súa última visita ao barrio (a verdade é que vivimos nun lugar privilexiado en personajillos do mal vivir):



Pese a todas as tontadas que acabo de relatar, Katanga Kriminal ten máis de fama que de outra cousa. Por aquí gústanos presumir de boa xente. De incomprendid@s. Pero conseguir a fama custa.....e vaia se imos pagar para conservala.
Ver asesina da Agra do Orzán
Haberá, pois, que continuar este serial blog pois haberá, sen dúbida, cousas que comentar, pero....ánimo, KATANGA TODA, que a terra que nos rodea é nosa e tampouco están as cousas tan mal......

Fotos Empregados Munipas-Ghasóleo Repsol

>
Retrato fotográfico dun partidillo:

Desta vai...!!!!!

Moi impactantes.

Non...non...desorden!!!!!!

Rubén despistado....

Rubén guai.

Paco de Igualdade.....sen palabras.

Outra fotiño do equipo.

Equipo (e veña)

Atención!!!!!

Demasiados butaneirossssss.

A Torre.

Mirade como agora parece que é de día.

Xogando....

Falta...falta...!!!!!!

Emilito algo borroso nun descanso.

Superton...

Este é un dos goletes que nos cargharon. Mirade o xesto de desesperación e IMPOTENCIA de Superton no chan.

Este é o MULTILESIONADO Paco outra vez.

Segunda parte. Eles xa apretaban.

" El Puto Quintana " : John Turturro tamén é Anxo Quintana

>

Kirk Douglas e os seus farrapentos coleguillas tamén queren ser Anxo Quintana





Pero o mellor Quintana de entre todos os Quintanas é o inefable John Turturro na película El Gran Lebowski

NON VOS PERDADES ESTE BAILE ELECTORAL QUE SE MARCA O PAVO. Por desgracia, non podemos insertalo aquí directamente. Háichevos moito repugnante por aí. Pinchade no enlace de aquí abaixo e logo nos comentades:

Turturro si que é o Puto Quintana !!!!!




>

Señor Tello, señor Tello.....pero mire qué oferta !!!!

>
¡Manda carallo na Agra!

Efectiuiuonder. Onte pola tarde Katangueiro cruzou o Río Grande (Ronda de Outeiro) para pasearse pola Rúa Barcelona e estaban os do beneghá repartindo papelotes. Xa vos avisei de que comezaba a campaña......e nós non nos imos librar tampouco.
Había uns magos e todo. Conseguín unha imaxes delirantes dun dos magos que xa vos ensinarei. Por agora conformádevos con este vídeo que tivemos a sorte de conseguir grazas ao noso colegui Pacotron, que a Divina Pastora o acompañe....

XA ESTÁN AQUÍ !!!!!!!!!!!!!!!!

.

Vale que parece que non temos moitas ganas de entrar en campaña electoral. Vale que andamos moi moi moi xustiños de cartos e iso dá mala hostia. Vale que sempre é o mesmo: as mesmas promesas, as mesmas acusacións cruzadas e as mesmas decepcións (cada quen as súas, claro). Todo iso é correcto pero lembrade que a política é moi seria é que imos escoller, ou non, a quen nos vai administrar os euritos. Os que van decicir se se gastan aquí ou alí. Nunha cousa ou noutra.

Tomádeos con calma a campaña. Como Don Pimpon.




E non facer como esta muller, home, que causa mal efecto.



Ata outra, amiguiñas e amiguiños.



.

Comeza a campaña electoral.....para Presidente de Katanga


Efectivamente. Un pouco despois das 23:59 horas de hoxe comeza a campaña electoral para escoller, a fin de contas, un novo Presidente de Galicia. Por extensión, será tamén o Presidente de Katanga. Unha responsabilidade que te cagas. Aquí vai unha enquisa das que andan por aí. Xa sabedes que as enquisas din que
1) se eu teño que "ordeñar", por exemplo, dous touros como o que protagoniza a nova anterior e
2) ti non tes que "ordeñar" ningún.
Ao final é como "ordeñar" un cada un. Vamos, que as enquisas non valen. Así que mirade a quen votades para Presi non vaia ser que nos ocorra como a monequiña de aquí abaixo:

Kastigo social estilo Katanga



Como quen as fai ten que paghalas, aquí temos ao probe insensato encargado da seguridade laboral daquela obra do outro lado do Río Grande (Ronda de Outeiro), á altura de Julia Minguillón, cumprindo unha pena de Traballo Social para pagar RADICALMENTE a súa falta de atención.

Meu Deus!!!!!!!! ¿Qué é o que hai que estudar para traballar nisto?

Se non sabes de que vai a historieta rememora estas dúas notas colgadas hai uns días:

Foto de obra cochambrosa no medio do temporal
Un día despois…..continúa a cochambre




>

Morning Glory (in the Observatory)



Hai que ver a cantidade de xente que utiliza a entrada ao Observatorio como urinario comunal canino. Esperemos que cando alí haxa parque (ou o que sexa que poñan) non se continúe con esta práctica, que quero ir eu tumbarme á bartola de vez en cando.

Cando entras pola rúa da Canceliña a esas horas da matina entendes por qué hai persoas alporizadas coa idea de que lles constrúan enfrente.

A Agra máis blogueira


Hai ben pouquiño lamentábamonos un grupo de colegas de bareto de que na Agra do Orzán non houbese ningún blog veciñal como xa o había no Ventorrillo ou, desde moito máis tempo, nos Rosales (gran blog). Pois, manda carallo na Agra, como non temos medida, agora vai e resulta que contamos con TRES BLOGS á nosa disposición. Un é o da Asociación de Veciños Agra do Orzán. Un blog que se botaba en falta e do que acabades de ver unha foto da súa presentación. Ábrese cunha preciosa imaxe do muíño da Gramela que, teño que recoñecelo, emociona moitismo moitismo aos que temos uns aniños xa. Velaí vai o muiño (¿onde estará a muiñeira?)



O outro blog chámase Agra del Orzán a secas e, aínda que non se sabe quen o leva exactamente, fágome unha idea aproximada. E Vós?????


Por último, tedes este mesmo que estades a ver. Sen comentarios.

Fotos para o día despois + Parque do Obsevatorio


Continuamos onde o deixamos onte: este pedazo de obra que cumpre perfectamente coa lexislación vixente, sinaladamente no que se refire á seguridade no traballo dos demais (seguridade laboral, vamos). Ese pedazo de obrarrrrrrrrrrr condemoooorrrrrrrr que disfrutan os veciños da rúa Julia Minguillón.
Pois aí quedouvos a foto esta.

Aproveito a entrada para lembrarvos que teño pendente, e penso cumprilo, falarvos do Campo da Burra, isto é, do Parque do Observatorio e o seu follón. Prometo facelo nos próximos días. Por agora, conformádevos con esta bonita foto que nos envía Pacotron e, se queredes ver lío, pinchade a maiores AQUÍ.:



Para os que non pinchastes AQUÍ, quedadevos coa foto da manifa, que está de vicio.


Por certo, e xa que falamos do Observatorio: ¿hai alguén que coñeza aos que viven aquí?



Premiarase aos que informen enviando un correo a katangueiro@gmail.com.
Dígoo porque Katangueira, que aínda sendo de Monelos aprecia a nosa forma de vida, preguntoume pola mañá se sabía se estaba en venda, ou sexa, se a crise esta provocou que sabe Deus quen precise vender o seu chalete. Así que....se sodes os propietarios, aquí estamos coas orellas en posición.
Abur, yogur.